domingo, 7 de diciembre de 2008

TRIS-TRAS


Eu non sei que tes nos ollos, que se me miras ti matas,
matasme se para min ris, matasme cuando me falas.
Meus ollos choran por verte, meu corazón por amarte,
meus pés por chegar a ti, meus brazos por abrazarte.
Deseaba de te ver, trinta días cada mes,
cada semana o seu día, e cada día unha vez.
Tes os olliños azuis, inda agora reparei,
se reparara máis cedo, non amaba a quen amei.
Ai de min que xa non podo, cantar esta cantiguiña,
din que o amor é tan cego que non sabe de malicia,
durante os primeiros anos todo é rosa sen espiñas.
Hai mulleres que lamen as latas como gatas,
se non che chega este mundo faite astronauta.
Hai mulleres valentes, que ensinan os dentes,
se non che chega este mundo faite astronauta.
Hai mulleres que se pintan de caolín na Costa de Marfil,
di Rita Riveiro,
se non che chega este mundo faite astronauta.
Hai mulleres altas, redondas, coloradas,
se non che chega este mundo...
(Marful)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Viva internet!! Encontré un diccionario on-line gallego castellano. Así me entero de esas estrofas. Qué carita linda!!

Puedes estar segura que en esos días me beberé el producto interior bruto de Galicia, siempre y cuando tenga algo de alcohol.

Quieres pistachos? Tendrás pistachos!!

Mortymer dijo...

Ojos negros luceros de la noche...